Outro mundo. Hai xa máis de tres séculos que o Novo Mundo apareceu na Terra, ou así o escriben os que escriben a Historia, dende aquela o Mundo enteiro revoluciónase, hai un ir e vir de novas experiencias, o Imperio Civilizado de Occidente machaca sen piedade aos demais, os povos indíxenas sacrifícanse en nome do progreso e para todos os pequenos, homes e mulleres que non saben da pólvora pero saben da paz, comezan os Séculos Escuros da súa historia.
Mentres isto pasa no mundo, no Novo e no Vello, hai unha rexión que desapareceu, xa leva anos no que a súa realidade está prohibida ao negárselle a lingua. Agora, a eliminación da realidade muda de continente, mais aquí, nun dos laboratorios de experimentación do imperialismo, séguese en cuarentena perpetua; o Mundo Novo e o Vello se atopan, outro mundo, pequeno, sigue desaparecido, unha diminuta aresta da Europa Colosal é condenada a un autismo total.
Afastada do mundo, Galiza, tres séculos despois, comeza a sentir o seu latexo, tan fondamente que soio tres galegos poden ouvilos. Rosalía a íntima, Pondal o bardo e Curros o social; empezan a escribir unha nova páxina na que aínda hoxe ninguén puido escribir un punto. O Rexurdimento dende a case-nada, por moitos e adversos avatares aínda non concluíu un século e moitos anos despois. O esquecemento, a máis violenta arma dos poderosos, está a facer unha sangría en tanto traballo feito que ninguén sabe cando rematará este regueiro nin esta falsa historia.
Jorge V
Agosto 6, 2011
As vezes um simple poema é capaz de revoluzionar a história e acende a chispa do xigante adormecido. Rosalía e Curros figerom-o bem aínda que nom sei se eles forom consciêntes da transcedência que teria aquel caminho que vinham de começar.
Nom som um gram admirador de Pondal, mas há reconheze-lo no seu tempo e dar-lhe o valor que meresce. Rosalía esperta ás profundidades do coraçom de milheiros de galegos, aqui e na diáspora, Curros acende a mecha da loita pola justiça social para o povo demacrado povo galego. Eles som os pais da Galiza moderna e os resucitadores da Galiza autêntica. Cabe perguntármonos quem é que seremos nós.
irmandiño
Agosto 8, 2011
boas preguntas, mais sen caer na vertixe xeracional porque entón…, eu tamén me preguntaría que queremos ser, pra empeñarnos nelo con cada latexo!