As Fragas do Eume, última morada das mouras¿?

Posted on Abril 1, 2012

0



Desde hai anos iamos en búsqueda de fadas, porque todos sabemos que hai tres tipos de fadas: as fadas madriñas, esas dos contos coa súa variña máxica (da que non estamos segurxs da súa existencia), as fadas mouras, que son como “campaniña” (fadas dos bosques) e as fadas que un día decidiron deixar as súas ás e convertirse en persoas… mais teñen un problema, desenvolven unha enfermidade que as fan esquecerse de todo o pasado, a amnesia…

Co traballo coas meniñas que sufriron algún tipo de agresión na súa primeira infancia, era o traballo de meses…, primeiro tentábamos comprender o mundo das fadas dos bosques, despois descubríamos a súa existencia deixando mensaxes e descubrindo rastros nas fragas do Eume, lugar privilexiado onde podían ocultarse nas vellas árbores ou baixo o manto longo dos fieitos; sempre había algunha pegada nos fiunchos…

Tras moito tempo e de minuciosa preparación, a imaxinación conquistaba á realidade e a facía máis intensa reconquistando a infancia perdida en moitos casos…, despois descubríamos ese terceiro tipo de fadas, fadas con apariencia humana que un día decidiran deixar as súas delicadas e diminutas ás para convertirse en meniñas; as meniñas tiñan dúbida de ser ou non ser unha fada, até que un día, tal vez pasado un ano enteiro, se atrevían novamente a voar libres…

Non hai dereito a que nos maten o único lugar onde seguro vivían as mouras, as fadas dos bosques galegos!! malditos bastardos!

Posted in: Uncategorized