O proceso de comezarmos a construír un novo referente político non xurdíu tralo acontecido en Amio, é un propósito de hai anos, que no Encontro Irmandiño vimos dicindo desde hai tempo aínda que antes en clave de refundación da fronte na que estábamos. Todo resposta á necesidade de desbordar os marcos políticos-sociais nos que estamos […]
Abril 1, 2012
Desde hai anos iamos en búsqueda de fadas, porque todos sabemos que hai tres tipos de fadas: as fadas madriñas, esas dos contos coa súa variña máxica (da que non estamos segurxs da súa existencia), as fadas mouras, que son como “campaniña” (fadas dos bosques) e as fadas que un día decidiron deixar as súas […]
Febreiro 24, 2012
A terra, a historia, a vida, a esperanza…, teñen nome de muller, en cambio, o esquecemento, o desprezo, o silencio…, son imposición do Home. Galiza, a súa terra, a súa vida, a súa espranza, a súa dor e a súa historia, son como ela, un incesante ronsel de muller, por iso, para retroceder ao paso […]
Xaneiro 16, 2012
Nestes tempos preasemblearios, nunha asemblea que determinará no BNG o dereito a existir ou a quebra inevitábel das normas de xogo, da convivencia e por tanto do proxecto común; o sector dominante que ten secuestrada á fronte comeza a falar de deslealtade. Deslealtade porque segundo eles din, se unha minoría non gaña e impón as […]
Decembro 22, 2011
Se o proceso asemblear no que estamos inseridos vai determinar o marco de referencia onde vai dirixirse o futuro do BNG, hai cuestións de posicións internas que determinarán de forma inequívoca se o proceso que se encete levará ou non a un proceso que rache as dinámicas que abordei na achega anterior; e isto ten […]
Decembro 11, 2011
Estamos nun momento, como país, de máxima importancia para a nosa propria supervivencia; o nacionalismo galego poucas veces tivo un momento nos últimos trinta anos de tanta convulsión interna que podemos diagnosticar en catro síntomas evidentes: 1. Estamos imbuídos nunha espiral centrífuga producida por un aparato orgánico dirixente que non permite abrirse cara a sociedade […]
Novembro 28, 2011
Cando explicamos desde o socialismo marxista a relación de dominación que as estruturas capitalistas exercen sobre as sociedades e como lexitímase desde toda instancia o capitaneo dos intereses privados das oligarquías económicas sobre a sociedade, a través de mecanismos de adaptación das percepcións, explicacións, valores e crenzas, estamos a falar, do facer hexemónico de dominación […]
Novembro 26, 2011
Escribín estas pequenas liñas para un acto público de denuncia diante da casa dun oligarca, nunha praza da cidade vella coruñesa, convidado polo Robin Hood, hai unhas semanas. 1. Imposición da lóxica do lucro e da maximización de beneficios como único paradigma do uso dos cartos. 2. Eliminación total do posíbel valor social das inversión. […]
Agosto 4, 2011
Outro mundo. Hai xa máis de tres séculos que o Novo Mundo apareceu na Terra, ou así o escriben os que escriben a Historia, dende aquela o Mundo enteiro revoluciónase, hai un ir e vir de novas experiencias, o Imperio Civilizado de Occidente machaca sen piedade aos demais, os povos indíxenas sacrifícanse en nome do […]
Xullo 26, 2011
Cando comecei a estudar textos para a elaboración do marco teórico da miña tese de doutoramento sobre a participación da sociedade civil na toma de decisións públicas descubrín escritos dunha autora bastante descoñecida para a socioloxía galega (se é que iso existe), a catedrática alemá Sabine Kebir, da que hai moi poucas traducións feitas alén […]
Xullo 19, 2011
Comezarei citando a Gramsci neste pequeno parágrafo que na antoloxía de Manuel Sacristán enuncia como emulo no título deste artigo, di así: “A unidade é dada polo desenvolvemento dialéctico das contradicións entre o home e a materia (natureza-forzas materiais de produción). Na economía, o centro unitario é o valor, ou a relación entre o traballador […]
Xullo 8, 2011
Nunha breve reflexión como son estas as que elaboro no meu blogue é moi pretencioso abordar o tema que me propoño, mais tentarei dar unhas pequenas pinceladas que poidan dar novas releituras aos procesos que se están a dar no país e concretamente no mundo político. Hoxendía podemos falar sen que sexa entendido como agravio, […]
Xuño 14, 2011
Como moi ben sinala Eduardo Galeano, o imperio propón dúas formas de morte, ou de fame ou de aburrimento, na política actual semella que a proposta é a mesma, ou estás morto, fora de todo escenário e de toda autonomía, ben por pertencer a un corpo inerte fofo e aburridamente típico ou ben porque te […]
Maio 30, 2011
Gostaría dirixirme a vostede nun lugar que nos sexa común aos dous, un espazo de igualdade, e o único que atopo é o habitáculo da cidadanía. É certo que nese habitáculo eu non me atopo con persoas coma vostede, e de seguro, tampouco se atopa a persoas coma min; mais pode ser un bo lugar […]
Maio 18, 2011
Viveiro a comezos do século XIX A véspera de reis, nace Ana María Gómez González, na casa, e nas casas, chamáronlle Maruxa ou Maruja. A súa nai Mª Pilar era natural destas terras, coñecera había xa máis dun lustro a un repoludo aduaneiro, de nome Justo, tiña un acento madrileño moi marcado. Dicíanlle de brincadeira: […]
Maio 11, 2011
Nestes tempos que corren de campaña eleitoral as cousas que pasan sonche ben curiosas, o outro día fun co meu bo amigo Alberto a picar algo a unha taberna pra min descoñecida na parroquia de Lubre, lugar que xa estamos tardando en volver… Aí nunha mesa ao carón de nós, dez persoas estaban a falar […]
Maio 3, 2011
“Nos dias de hoje nom se pode estar fora do sistema financeiro convencional, tu nom tés a capacidade de decidir onde nom queres que se invista o teu dinheiro”, assim de rotundo se expressa Raúl Asegurado, membro fundador da Associaçom de interesse solidário O Peto e da Banca Ética Fiare. Umha das críticas fundamentais que […]
Abril 28, 2011
O ceo exténdese único, enorme, como un manto inconmensurábel sobre toda a terra, sobre toda a terra que atisban os ollos, as montañas do horizonte, que se mesturan cos contorneantes límites dun universo infinitamente tenro. Nun descampado, alí en terras de Lalín, un neno está tumbado boca arriba observando un misterio inalcanzábel para os seus […]
Abril 15, 2011
Como máis ou menos tentei clarificar na achega anterior, imos tentar introducirnos na participación social ou política crítica; por tanto non a un conceito de participación social entendida unicamente coa posta en acto do dereito de cidadanía, é dicer o voto, senón como unha forma de asumir a cuestión pública na vida cotiá, nun lugar […]
Abril 14, 2011
O decorrer dos anos levoume a centrar a miña tese de doutoramento, en fase de produción escrita, a centrarme no tema da participación política da cidadanía en asuntos públicos; desde a obtención do DEA (diploma de estudos avanzados), xa hai case tres anos, levo enchoupándome de leturas sobre esta materia, e a primeira conclusión que […]
Abril 8, 2011
Penso que esta retalla de artigos ficaría inconclusa sen analizar un dos soportes culturais máis enraizados no sistema de dominación das nosas sociedades, o patriarcado, sistema que atinxe ao conxunto da cidadanía; pois o machismo instaurado na cidadanía fai desta cuestión algo de responsabilidade tanto de mulleres coma de homes, e a súa resposta, como […]
Abril 25, 2012
0