Gasto Militar

Saco toda a información do Espazo Aberto Antimilitarista de Vigo para exemplificar en que consiste e como se fai a obxección fiscal ao gasto militar.

Que é a Obxección Fiscal?

A Obxección Fiscal (OF) é un acto de Desobediencia Civil que consiste en, á hora de facer a Declaración da Renda, non pagar ao Estado os cartos que este dedica á guerra e á sua preparación. A OF non supón evadir impostos, senón desviar cara proxectos sociais a cantidade que sería destinada a fins militares.

Aínda que non teñamos a obriga de pagar o IRPF, tod@s pagamos impostos cos que, queramos ou non, se financia o militarismo. Do mesmo modo, a Obxección Fiscal a podemos facer tod@s. E, se non queremos recorrer á OF, aínda podemos reclamar do goberno que o direito a non colaborar cos gastos militares sexa recoñecido e respeitado.


:: POR QUE OBXECTAR? ::

Consideramos que o mellor xeito de resolución dos conflictos entre os pobos é o diálogo, a cooperación e a solidariedade.

Cremos que o principal camiño para conquerir un mundo en paz é favorecer a xustiza. E non estamos de acordo co destino militarista nen coa forma en que son utilizados os nosos impostos (directos e indirectos)


:: QUE PROPOÑEMOS? ::

Ao Estado: a progresiva diminución do gasto militar até a súa eliminación e, por conseguinte, a desaparición dos exércitos.

A todas as persoas e movementos sociais: a desobediencia civil, por medio da O.F., frente á imposición de colaborar co militarismo.

Como facer Obxección Fiscal


:: DECLARACIÓNS EN BRANCO ::

Todas poden participar independentemente da súa situación laboral (en paro, cobrando pensión, estudante,…), a súa situación social ou a súa situación ante Facenda.

Estes obxectores/as deben adquirir os impresos para a Declaración. No sobre introduces unha carta co teu nome e DNI dirixida ao Delegado de Facenda da túa provincia, expresando a protesta contra o gasto militar. A carta debe entregarse xunto cos impresos sen encher, en branco.

Esta campaña é facil de asumir por calquer persoa sen que teña que afrontar sancións administrativas.

:: POSITIVAS OU NEGATIVAS ::

De dúas maneiras:

Cota porcentual: Consiste en desviar, non evadir, da cota líquida da túa Declaración da Renda o 4.5% (orzamento oficial do Ministerio de Defensa) ou o 11.65%, gasto militar total que inclúe outras partidas.

Cota fixa: Desvías 84 euros (en protesta polos 84 países empobrecidos pola débeda externa) ou a cantidade que ti decidas, da cota líquida da túa Declaración da Renda. Esta cantidade ingresarase nun proxecto alternativo ao Gasto Militar.

:: OUTRA POSIBILIDADE ::

Hai obxectores partidarios/as da legalización e regulación da O.F., como un dereito máis a ser recoñecido polo Estado. Para isto podes enviar a petición polo recoñecimento da Obxección Fiscal aos Gastos Militares.

Modo de encher a Declaración da Renda:

– Ingresar a cantidade da túa obxección fiscal no proxecto elexido (pide dous recibos, un para ti e outro para incluír na túa declaración).

– Achega tamén unha instancia dirixida ao Delegado/a de Facenda alegando os motivos da túa Obxección ós gastos militares. Nela comunícalle o total dos cartos desviados e o proxecto social escollido como alternativo ao Gasto Militar.

– Enche os impresos da declaración e, chegado ás deduccións xerais, risca o enunciado dunha das casas e engade “por obxección fiscal aos gastos militares” e a cantidade elexida. Se utilizas medios informáticos, podes incluíla nalgún dos apartados nos que a deducción da cantidade global se fixa en tanto por cento, ou tamén incluíla directamente a man.

Lembra, que se a declaración che sae a pagar, a devolver ou de cota líquida cero, sempre podes declararte persoa obxectora fiscal, reclamar os cartos que dos teus impostos se dedican ao Gasto Militar, e desvialos ao proxecto alternativo.

Feita a O.F. é moi importante cubrir a enquisa adxunta e enviala aos grupos locais.

:: CONSECUENCIAS DA OF ::

O.F. é un acto de desobediencia civil ao Estado. Facenda non aceita normalmente estas razóns de conciencia polo que, non recoñece a deducción da porcentaxe que efectuamos. Por iso cando se decata do que fixemos na nosa declaración non o dá por válido, ou ben non nos devolven os cartos que desviamos, ou ben reclamánolos.

Cando facenda nos comunique que non acepta a nosa obxección fiscal, a resposta pode ser aceptar (pagar o que nos pide e non reclamar) ou recorrer diante da delegación de facenda primeiro e despois se denegan o recurso diante do Tribunal Económico Administrativo Provincial.
De tódos modos por non ser a O.F. un dereito recoñecido legalmente temos tóda as de perder, polo que o máis normal no caso de que reclamémo os cartos é que non nolos devolvan ou que embarguen a nosa conta pola cantidade obxectada.

Pensamos, de todos modos, que esta situación non debe ser un atranco para reclamar o que cremos xusto, o dereito a non contribuír cos nosos cartos á guerra.

Be the first to start a conversation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: