Indagacións sobre a cidadanía (IV): cidadanía e sistema financeiro (ou na ditadura dos cartos)

Abril 4, 2011

2

O outro día nunha reunión de AIS “O Peto”, Carmela, a tesoureira desta organización con máis de sete décadas de experiencia no activismo social, cando estábamos a falar dunhas xornadas de formación dixo que estas deberían ir na liña de evidenciar a ditadura dos cartos na que vivimos, por iso inclúo as súas verbas no […]

Posted in: Uncategorized

1911 Aprendizaxe

Abril 1, 2011

0

En Cuba, La Habana A aprendizaxe dunha persoa pode vir dada por múltiples factores, un deles, tal vez o máis importante é o humor do destino, humor que configuran os acontecementos da vida, xa que son estes, os acontecementos os verdadeiros mestres da vida. Que o que naceu para cura nun concello que a historia […]

Posted in: Uncategorized

Indagacións sobre a cidadanía (III): menores e a súa condición de cidadanía. (II)

Marzo 18, 2011

1

É moi dificil estabelecer nun marco xenérico de seiscentas palabras máis ou menos, no que pretendo restrinxir estes artigos, para tratar un tema tan sensíbel como este, o feito de non ficar conforme co anterior levoume a aprofundar máis neste tema tentando agora cinguirme ao cerne da cuestión que tento abordar, a construción da cidadanía […]

Posted in: Uncategorized

Indagacións sobre a cidadanía (III): menores e a súa condición de cidadanía.

Marzo 11, 2011

0

O colectivo dos menores de idade son dun interese especial para min xa que levo 10 anos da miña vida laboral (é dicir, o total dela) adicados a este colectivo. Moi poucas son as referencias teóricas bibliográficas que axuden a discernir o grao de implicación deste colectivo na construción da estrutura social, sempre considerados como […]

Posted in: Uncategorized

A cultura e a comunicación nun contexto de privatización da información.

Febreiro 22, 2011

0

A cultura entendida no senso gramsciano de organización persoal que axuda a un apoderamento da personalidade propia, unha conquista de superior consciencia pola cal chégase a comprender o valor histórico que un ten, a súa función na vida, os seus dereitos e os seus deberes, sitúanos de cheo na responsabilidade da administración pública de garantir […]

Posted in: Uncategorized

As condicións materiais da existencia. Pola repolitización da economía, socialismo e república.

Febreiro 20, 2011

0

As políticas ultraliberais da nova fase de imperialismo capitalista conlevan unha praxe antisocial e de privatización que o capital financeiro está a impoñer a través de gobernos submisos e cómplices, que viraron as costas á cidadanía e aos máis xenuínos valores da democracia, vulnerando os principios básicos das “normas de xogo” tais como a propria […]

Posted in: Uncategorized

1882 Poesía

Febreiro 8, 2011

0

Ter respirado dende a nenez o ar da sumisión e ter nado para a rebeldía, converte, inevitabelmente, a vida nunha bomba para estoupar. Nestes anos ter como norte da vida a liberdade, o progreso, a democracia, a igualdade… é estar enfermo, mais se por riba es republicano e intelixente e dis a verdade, ten por […]

Posted in: Uncategorized

the raven no nacionalismo organizado: nunca máis

Febreiro 1, 2011

3

Estaba eu sentado, matinando sobre o universal poema de Poe, cando un espantoso ruído na xanela fronte ao mar escoitei, nas matinacións sobre o nacionalismo organizado do bng estaba, aturdido e sombrío, como cunha obra de ciencia esquecida, entón revoloteando e con ollar fitante e desafiante cunha presenza de suma indiferencia a upg emerxeu na […]

Posted in: Uncategorized

Indagacións sobre a cidadanía (II): cidadanía e inmigración

Xaneiro 25, 2011

5

Pode ser que sexa na inmigración onde o conceito de cidadanía presente maiores dilemas conceptuais, por una banda a diferenciación entre cidadanía e nacionalidade e por outra, tal vez máis evidente na análise académica pero menos na realidade, entre a lóxica dos dereitos e a lóxica dos mercados. Se mesturamos un e outro dilema chegaríamos […]

Posted in: Uncategorized

Indagacións sobre a cidadanía (I): introdución ao dereito de cidadanía nun contexto de crise capitalista.

Xaneiro 20, 2011

0

O conceito de cidadanía sempre estivo vencellado á noción de dereitos, especialmente aos dereitos políticos, que permiten ao individuo intervir na dirección dos asuntos públicos. Na tradición clásica, a cidadanía é o conxunto de dereitos e deberes ao cal un individuo está suxeito en relación á sociedade na que vive. É por iso, que a […]

Posted in: Uncategorized

A esquerda política e a súa autonomía

Xaneiro 11, 2011

3

O maior repto para qualquer força política da esquerda nom resignada neste 2011 deve ser a luita contra o monocultivo, o monoligüismo, a monofauna, o monopensamento, a luita cotra o ‘mono’ e a aposta polo ‘pluri’ e polo ‘homo’. Antom Fente. Non é o mesmo, e perdoade a evidencia, a esquerda política que a política […]

Posted in: Uncategorized

1886 (Hoxe in memoriam)

Xaneiro 7, 2011

3

Rianxo. É un día do mes xaneiro, tal como o 30; e como en todos os menceres, os raios do sol descubren algunha nova sorpresa, desta vez, no seo dunha familia modesta, que nestes anos e nesta terra iso quere dicir pobre, nace o primeiro fillo varón entre ida e volta da emigración. É na […]

Posted in: Uncategorized

1890 Abende

Decembro 31, 2010

1

Daniel xa ten catro anos e medio -coma di el-, e está canso porque moitas noites ten pesadelos onde aparece a sombra do seu pai, ausente dende que marchou á Arxentina. Apenas ten lembranzas del, máis ben, non ten ningunha real e inventa todas, pois non quere que ninguén saiba que non ten nin idea […]

Posted in: Uncategorized

Orfandade política (IV): A esquerda social e a súa dinámica política.

Decembro 24, 2010

2

Unha das máis evidentes conclusións que tiramos da RdR (Rolda de Rebeldía), á vez que unha das dificultades, era en afirmar que a esquerda social era política; non no sentido partidario pero si no senso definitorio da súa acción, custábanos aceitar a diferenciación entre esquerda social e esquerda política, mais usámolo como pretexto de referencia, […]

Posted in: Uncategorized

1883 As comunicacións

Decembro 20, 2010

2

            En 1883 escríbese un episodio épico, épico non por ser novo ou único, épico porque durante decenios e decenios, como acompasando ao Rexurdimento repítese paradoxicamente, insultantemente.             Neste ano ábrese o tramo de ferrocarril entre a cidade d`A Coruña coa cidade de Madrid, xa daquela un grande despliegue propagandístico por parte dos de sempre […]

Posted in: Uncategorized

1886 Dignidade

Decembro 14, 2010

3

Álvaro Salgado e Maruxa Casal deciden marchar do seu povo natal; precisan liberdade, novas experiencias, comezar de cero. Xa se decidiron a comunicarllo a toda a familia. Dóelles deixar este povo, o povo onde naceron, onde atoparon a seu amor e onde este, dende a primeira infancia, creceu e os xuntou en sagrado matrimonio. Neste […]

Posted in: Uncategorized

Orfandade política (III) A dinámica interna do BNG. O poder e a construción social da realidade.

Decembro 14, 2010

3

No que se deu a coñecer como socioloxía do coñecemento por Max Scheler no primeiro terzo do século XX, por certo que era filósofo non sociólogo…, inténtase non só tratar das variacións empíricas do coñecemento nas sociedades, senón tamén os procesos polos que calquera “corpo de coñecemento” chega a quedar establecido socialmente como realidade, noutras […]

Posted in: Uncategorized

Orfandade política (II): A dinámica interna e dinámica externa: introdución a unha vivencia persoal.

Decembro 6, 2010

2

A orfandade política á que me referín no anterior artigo tamén podemos avaliala por factores xa menos sociolóxicos, e si máis vitais. Serían aqueles que por unha banda constitúen o plano máis subxectivo e que están determinados polo posicionamento do observante respeito do obxervado. Neste caso, a vivencia en primeira persoa da orfandade política, así […]

Posted in: Uncategorized

O silencio e a boa política

Novembro 23, 2010

4

Hai dous meses apareceu un conflito no movemento asociativo galego, é certo que non en todo, só nunha organización, mais unha organización que traballa en diversos foros e campos con muitas outras organizacións, unha asociación irmá para moitas e moitos de nós. Non direitamente mais tocounos a todas un pouco. Amais porque tamén coñecemos ás partes, a […]

Posted in: Uncategorized

L de Liberdade?

Novembro 22, 2010

0

Con L de Liberdade? O grupo municipal do partido popular d´A Coruña fixo unha moción no seu Concello solicitando o uso do topónimo de La Coruña con L de Liberdade! 😀 cando menos é inxenioso. O L pódese usar de forma Lúcida ou coma unha Lousa que tente Lapidar de forma Letal unha Lingua á […]

Posted in: Uncategorized

1901 Reencontros

Novembro 16, 2010

0

Atoparse no camiño, o encontro é un momento fundamental de toda vida, de todas as vidas, que se vertebran e entrelazan cun fino fiar. Marcela e Elisa decidiran formarse para ser mestras, e cada unha seguindo cadanseu camiño, que á vez eran ronseis doutras vidas, chegaron á Escuela Normas de Maestra da cidade d´A Coruña. […]

Posted in: Uncategorized

Africanízate, de carlos blanco

Outubro 31, 2010

0

Africanízate é un mono-di-álogo de Carlos Blanco no que trata desde un humor moi “noso” os aspectos máis relevantes da existencia desde unha influencia nejra. AFRICANÍZATE é unha versión reducida e adaptada do espectáculo HUMOR NEGHRO que percorreu Galiza na primavera do 2008, con máis de 10.000 espectadores e unha excelente acollida por parte da […]

Etiquetado:
Posted in: Uncategorized

A fraternidade e a economía

Outubro 21, 2010

1

Publicado en Vieiros O sistema financeiro capitalista é unha das máis tenaces ferramentas de dominación que posúe a lóxica ultraliberal. Nos estados nacionais estas encádranse principalmente no sistema financeiro, nos bancos e caixas. As primeiras son aquelas que, segundo a lóxica capitalista, tentan maximizar os beneficios económicos sen ningún tipo de pudor, e as segundas […]

Posted in: Uncategorized