Browsing All posts tagged under »cidadanía«

Intervención na Asemblea Extraordinaria do EI

Febreiro 13, 2012

2

Boa tarde irmás e irmáns: Toca respostar primeiramente á cuestión plantexada, na lóxica e no compromiso asembleario adquirido polo Encontro Irmandiño hai un ano, de discernir se despois da XIII Asemblea Nacional do BNG, este é rexenerábel ou non. Penso que atendendo á própria natureza do ser humano, esta debe ir en dúas liñas, unha […]

Relendo a gramsci (IV): a hexemonía, o facer hexemónico dunha clase subalterna.

Novembro 28, 2011

1

Cando explicamos desde o socialismo marxista a relación de dominación que as estruturas capitalistas exercen sobre as sociedades e como lexitímase desde toda instancia o capitaneo dos intereses privados das oligarquías económicas sobre a sociedade, a través de mecanismos de adaptación das percepcións, explicacións, valores e crenzas, estamos a falar, do facer hexemónico de dominación […]

Relendo a Gramsci (II) A persoa, a sociedade civil e a sociedade política.

Xullo 26, 2011

0

Cando comecei a estudar textos para a elaboración do marco teórico da miña tese de doutoramento sobre a participación da sociedade civil na toma de decisións públicas descubrín escritos dunha autora bastante descoñecida para a socioloxía galega (se é que iso existe), a catedrática alemá Sabine Kebir, da que hai moi poucas traducións feitas alén […]

Indagacións sobre a cidadanía (VI): participación política (II).

Abril 15, 2011

0

Como máis ou menos tentei clarificar na achega anterior, imos tentar introducirnos na participación social ou política crítica; por tanto non a un conceito de participación social entendida unicamente coa posta en acto do dereito de cidadanía, é dicer o voto, senón como unha forma de asumir a cuestión pública na vida cotiá, nun lugar […]

Indagacións sobre a cidadanía (VI): participación política (I).

Abril 14, 2011

0

O decorrer dos anos levoume a centrar a miña tese de doutoramento, en fase de produción escrita, a centrarme no tema da participación política da cidadanía en asuntos públicos; desde a obtención do DEA (diploma de estudos avanzados), xa hai case tres anos, levo enchoupándome de leturas sobre esta materia, e a primeira conclusión que […]

Indagacións sobre a cidadanía (V): cidadanía, xénero e feminismo.

Abril 8, 2011

1

Penso que esta retalla de artigos ficaría inconclusa sen analizar un dos soportes culturais máis enraizados no sistema de dominación das nosas sociedades, o patriarcado, sistema que atinxe ao conxunto da cidadanía; pois o machismo instaurado na cidadanía fai desta cuestión algo de responsabilidade tanto de mulleres coma de homes, e a súa resposta, como […]

Indagacións sobre a cidadanía (IV): cidadanía e sistema financeiro (ou na ditadura dos cartos)

Abril 4, 2011

2

O outro día nunha reunión de AIS “O Peto”, Carmela, a tesoureira desta organización con máis de sete décadas de experiencia no activismo social, cando estábamos a falar dunhas xornadas de formación dixo que estas deberían ir na liña de evidenciar a ditadura dos cartos na que vivimos, por iso inclúo as súas verbas no […]

Indagacións sobre a cidadanía (III): menores e a súa condición de cidadanía. (II)

Marzo 18, 2011

1

É moi dificil estabelecer nun marco xenérico de seiscentas palabras máis ou menos, no que pretendo restrinxir estes artigos, para tratar un tema tan sensíbel como este, o feito de non ficar conforme co anterior levoume a aprofundar máis neste tema tentando agora cinguirme ao cerne da cuestión que tento abordar, a construción da cidadanía […]

Indagacións sobre a cidadanía (III): menores e a súa condición de cidadanía.

Marzo 11, 2011

0

O colectivo dos menores de idade son dun interese especial para min xa que levo 10 anos da miña vida laboral (é dicir, o total dela) adicados a este colectivo. Moi poucas son as referencias teóricas bibliográficas que axuden a discernir o grao de implicación deste colectivo na construción da estrutura social, sempre considerados como […]

Indagacións sobre a cidadanía (II): cidadanía e inmigración

Xaneiro 25, 2011

5

Pode ser que sexa na inmigración onde o conceito de cidadanía presente maiores dilemas conceptuais, por una banda a diferenciación entre cidadanía e nacionalidade e por outra, tal vez máis evidente na análise académica pero menos na realidade, entre a lóxica dos dereitos e a lóxica dos mercados. Se mesturamos un e outro dilema chegaríamos […]

Indagacións sobre a cidadanía (I): introdución ao dereito de cidadanía nun contexto de crise capitalista.

Xaneiro 20, 2011

0

O conceito de cidadanía sempre estivo vencellado á noción de dereitos, especialmente aos dereitos políticos, que permiten ao individuo intervir na dirección dos asuntos públicos. Na tradición clásica, a cidadanía é o conxunto de dereitos e deberes ao cal un individuo está suxeito en relación á sociedade na que vive. É por iso, que a […]