Browsing All posts tagged under »esquerda social«

Intervención na Asemblea Extraordinaria do EI

Febreiro 13, 2012

2

Boa tarde irmás e irmáns: Toca respostar primeiramente á cuestión plantexada, na lóxica e no compromiso asembleario adquirido polo Encontro Irmandiño hai un ano, de discernir se despois da XIII Asemblea Nacional do BNG, este é rexenerábel ou non. Penso que atendendo á própria natureza do ser humano, esta debe ir en dúas liñas, unha […]

Posición e marco de referencia. Cuestións internas (II): lexitimidade e transparencia.

Decembro 29, 2011

0

A lexitimidade é algo que se gaña, que no momento presente nunca está adquirida por contaxio do pasado, e por tanto en períodos reflexivos hai que telo presente para mirarmos o rumbo tomado e as decisións que son acaídas para non perder este valor, moitas veces esquecido. Unha organización colectiva debería facerse unha serie de […]

Relendo a Gramsci (III) Contra o conformismo. Traballo inteletual e filosofía da práctica.

Agosto 24, 2011

1

Unha das cousas que nas diversas leituras e indagacións sobre o pensamento de Gramsci sempre me fascinaron é o seu continuo ánimo e pulo co que axita inteletualmente para tomar posicionamentos arriscados que axuden a comprender as causas do sosego e adormecemento da sociedade civil e que esta sexa protagonista na conquista de novos escenários […]

O internacionalismo desde o poder civil da esquerda social

Xuño 28, 2011

0

Moitas son as reflexións feitas sobre a interrelación entre o local e o mundial e a imposibilidade de dar respostas de forma desconexa entre unha e outra esfera da estrutura socioeconómica. Neste campo da solidariedade internacionalista novamente o enquilosamento das forzas típicas políticas é evidente en temas tan cruciais para a compresión planetaria como o […]

Orfandade política (IV): A esquerda social e a súa dinámica política.

Decembro 24, 2010

2

Unha das máis evidentes conclusións que tiramos da RdR (Rolda de Rebeldía), á vez que unha das dificultades, era en afirmar que a esquerda social era política; non no sentido partidario pero si no senso definitorio da súa acción, custábanos aceitar a diferenciación entre esquerda social e esquerda política, mais usámolo como pretexto de referencia, […]