Browsing All posts tagged under »política«

Posición e marco de referencia

Decembro 11, 2011

0

Estamos nun momento, como país, de máxima importancia para a nosa propria supervivencia; o nacionalismo galego poucas veces tivo un momento nos últimos trinta anos de tanta convulsión interna que podemos diagnosticar en catro síntomas evidentes: 1. Estamos imbuídos nunha espiral centrífuga producida por un aparato orgánico dirixente que non permite abrirse cara a sociedade […]

Relendo a gramsci (IV): a hexemonía, o facer hexemónico dunha clase subalterna.

Novembro 28, 2011

1

Cando explicamos desde o socialismo marxista a relación de dominación que as estruturas capitalistas exercen sobre as sociedades e como lexitímase desde toda instancia o capitaneo dos intereses privados das oligarquías económicas sobre a sociedade, a través de mecanismos de adaptación das percepcións, explicacións, valores e crenzas, estamos a falar, do facer hexemónico de dominación […]

Relendo a Gramsci (I) A unidade. Unidade dos elementos constitutivos do marxismo.

Xullo 19, 2011

1

Comezarei citando a Gramsci neste pequeno parágrafo que na antoloxía de Manuel Sacristán enuncia como emulo no título deste artigo, di así: “A unidade é dada polo desenvolvemento dialéctico das contradicións entre o home e a materia (natureza-forzas materiais de produción). Na economía, o centro unitario é o valor, ou a relación entre o traballador […]

Valores dun novo referente político para a esquerda galega

Xullo 8, 2011

0

Nunha breve reflexión como son estas as que elaboro no meu blogue é moi pretencioso abordar o tema que me propoño, mais tentarei dar unhas pequenas pinceladas que poidan dar novas releituras aos procesos que se están a dar no país e concretamente no mundo político. Hoxendía podemos falar sen que sexa entendido como agravio, […]

Indagacións sobre a cidadanía (IV): cidadanía e sistema financeiro (ou na ditadura dos cartos)

Abril 4, 2011

2

O outro día nunha reunión de AIS “O Peto”, Carmela, a tesoureira desta organización con máis de sete décadas de experiencia no activismo social, cando estábamos a falar dunhas xornadas de formación dixo que estas deberían ir na liña de evidenciar a ditadura dos cartos na que vivimos, por iso inclúo as súas verbas no […]