1886 (Hoxe in memoriam)

Posted on Xaneiro 7, 2011

3



Rianxo. É un día do mes xaneiro, tal como o 30; e como en todos os menceres, os raios do sol descubren algunha nova sorpresa, desta vez, no seo dunha familia modesta, que nestes anos e nesta terra iso quere dicir pobre, nace o primeiro fillo varón entre ida e volta da emigración. É na rúa Cabo da Vila no número 29, onde un neno antes de ter nado xa vive as idas e voltas da miseria na loita pola supervivencia. O seu pai Mariano, mariñeiro, emigra ese mesmo ano cara a Arxentina.
Un nome del é nome de rei, de explendor, de poesía, de sabedoría; Alfonso, non é décimo mais sabio si, saíu pouco monárquico, non coma o crego da vila, quen realmente lle impuso este nome; poeta coa vida; e o explendor, comezouno prantando os seus virxinais alicerces. O nome primeiro podería ter sido como o do guerreiro Breogán, tivo moito del mais non foi así, foi Daniel, nome do común, disposto a buscar un alcume. Así quedou por consenso paternofilial e imposición monástica: Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, o irmán Daniel, o amigo Daniel.
Rianxo non soubo nunca que desa terra saería o un novo profeta esperado, que sacaría ao povo do olvido, que lle devolvería o seu nome e unha obra que realizar no mundo, Rianxo deu a luz á persoa que aínda en cueiros daría nova sangue a esta terra. Criado entre a nai e as súas irmás Xosé Fina e Teresa dotóuselle da sensibilidade necesaria para entender esta terra.

Posted in: Uncategorized